Xogo adaptado e traducido ao galego do famoso "LOS HOMBRES LOBO DE CASTRONEGRO".
De 8 a 25 xogadores. A partir de 9 anos.
O xogo contén: 3 cartas de home lobo, 21 cartas de aldeán/aldeá e 6 cartas de personaxes especiais.
1º IMPRIMIR POLAS DÚAS CARAS
2º PLASTIFICAR O FOLIO ENTEIRO
3º RECORTAR
(evita recortar dúas veces)
Os Homes Lobo de Castronegro é un xogo ambientado nun pequeno pobo perseguido e ameazado pola presenza de homes lobo. Neste entretenidísimo xogo a cada xogador asígnaselle un rol en segredo, estes roles representan varios tipos de personaxes: home lobo ou aldeán/aldeá do pobo, entre os que podemos atoparnos con personaxes especiais como o alguacil, o cazador, a bruxa, a nena, a pitonisa, etc, os cales trataremos máis adiante. Tamén haberá un xogador que se encargará de moderar e controlar o fluxo da partida (nas primeiras partidas o mellor é que sexa o mestre/a).
PROMOVE:
- O debate
- Razoamento lóxico
- Respecto ao turno de palabra
- Cooperación e colaboración
- Saber ceder
- Promove a participación
- Cohesiona ao grupo
- etc...

Comentarios
Publicar un comentario